Xuntança Mosteiro de San Clodio, 17 de Março de 2018

Caros, 

O inverno vai deixando seu farcel de chuva, frío, neve e geadas e mentras uns comezan a preparar as vinhas outros imos orgaizando festivos encontros que no nosso caso comeza polo venturoso próximo equinocio de primavera.

O Sanedrín rematados seus traballos fica em condições de convocar e 

CONVOCA CAPÍTULO DE EQUINOCIO DE PRIMAVERA a celebrar o próximo día 17 de março no MOSTEIRO DE SAN CLODIO, na comarca vinícola máis antiga de Galiza, o Ribeiro.

Dende calquera lugar aconsellamos achegarvos as proximidades de Ribadavia, preferentemente pola A-52 tomando a saída imediata á Adega Viña Costeira em direção Leiro para, pouco antes de chegar a esta localidade, apanhar a desviação a direita vem sinalizada polo indicativo de Mosteiro de San Clodio.

No claustro da porteria do Mosteiro agarderemos vossa chegada (mentras contemplamos na fachada a cruz de Caravaca venerada no Ribeiro para librar as vinhas do granizo) até ás 12hrs, altura na que comezaremos os actos correspondentes:

12hrs. Cata comentada no primeiro claustro, baixo das suas magníficas arcadas, de vinhos brancos e tintos da D.O. Ribeiro, especialmente elexidos para a oportunidade, designadamente: 

Brancos: 
Catro ferrados
Finca Viñoa embotellado tardío
Vilerma branco
Viña Mein Tega do Sal
Tintos:
Vilerma
Hush 2015

13`15hrs. Rematada a cata procederemos ao juramento de novos irmandinhos e ladainhas dos que nos precederon no alén.
14hrs. Baixo as arcadas do claustro das procissões, acepipes consistentes en: rabas de bacallau, empanada galega de zamburiñas, zorza e congrio, queijos galegos e manchegos, gresines de pan e confituras caseiras e moita conversa.

15hrs. No reflectorio almoço com a seguinte ementa: 1. Pastel de xangurro con espuma de allos tenros en xelatina do seu coral. 2. Sorbete de limón o espumante. 3. Paletilla de cordeiro confitada con patacas panadeiras. 4. Sobremesa, Coulant de chocolate xelado con polvo de cacao e terra de biscoito de framboesas. Viandas molladas con Vilerma branco e tinto. Cafés, chupitos e música comunitaria.

Para os actos baixo as arcadas contamos con aquecemento de estufas. En caso de temporal sustituiríamos os lugares de cata e aperitivo por salões fechados.
Havemos procurar não exceder dos 50€.

E ja sabedes: AVISADE. Não deixedes para último día. Precisamos saber número de comensães antes do día 12. Evitade esquecementos contestando a éste propio correio. E no seu caso, como sempre, nos teléfonos 686964053, 636990336 e 988228420. Os c.e. irmandadedosvinhosgalegos@gmail.com, jmfanguiano@gmail.com, apascual@advgrupo.com, nachopereirac@gmail.com ou nemebarxa@barxadvogados.gal

Como sempre com a alegría de saber de vos recibide saúdos báquicos e dionisíacos, com um forte abraço de

Nemesio Barxa.- Preboste da Irmandade dos Vinhos Galegos.