XVIII Jornadas de la Ruta románica de Pantón
Lembranza a MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIJEIRO
Luis Rodríguez Míguez. Pantón, 4 de xuño de 2005

¿Que fai un sanitario coma min con afeccións termalistas
nun acto de exaltación dun poeta e da poesía?
As causas ou argumentos poden ser dous, e ámbolos dous debidos a amizade.
"Todo o meu patrimonio é a miña familia e os meus amigos".
A amizade é coma saúde: É para disfrutala.
- Amizade con José Ledo, Alcalde-Presidente do Concello de Pantón, antigo compañeiro, ao que non podo, nin debo dicir que non, pola autoridade que lle confire o ser un político veterano, ¡detentar desde o século pasado, que digo século, desde o milenio pasado, o cargo de primeiro edil!.
- Amizade con Manuel María, o cantor de Terra Chá, de quen como di Vargas Llosa sentimos envexa, sana envexa por estes seres "coa metade do corpo na terra e a cabeza no ceo ou no inferno" que son os poetas.

É bo ter amigos, e moi bo e reconfortante ter sido amigo dun poeta, dun creador, dun ser humano a quen Deus lle deu o sumo poder da creación. Coma di Platón, o estado poético está vencellado ao entusiasmo, a posesión divina: "O poeta é algo alado e sacro e non pode crear sen sentir antes a inspiración, saír fora de si e perder o uso da razón".

Compartin mesa e mantel con Manuel María, na Irmandade dos Vinhos Galegos, unha confraría de apaixonados, lúcidos e honestos bebedores que sabemos poñer limites á nosa sede.

Desde a constitución da IRMANDADE DOS VINHOS GALEGOS. Manuel María foi o nos xefe, o noso "Roi Xordo". Cando na entronización dun novo cofrade, Manuel María coa súa rexa voz lle daba a benvida cargada dun arrecendo poético a súas circunstancias persoais, un no de emoción enmudecía as nosas gorxas. E non digamos as tertulias de sobremesa despois dos xantares. Poesía, amizade. De aí que sexa Roi Xordo "in aeternum"
O 8 de setembro de 2004 deixounos na procura dun vieiro nas estrelas, pero a súa ausencia física non impedirá que siga a ser o noso guía, o noso "Roi Xordo"; a súa lembranza e o seu exemplo sigue alumeandonos.

A nobre IRMANDADE que defende un dos dons máis marabillosos, concedidos aos mortais: o viño, especie sacramental, sangue da terra, alegría do mundo, consolo de mágoas, calor do sol, fonte da vida. Eiquí con nós, no ceo da nosa boca, na nosa lembranza e no noso sentimento están presentes os viños do noso país, tan semellantes aos homes galegos: humildes, honestos, mansos, dóciles e respetuosos, cun sabor agridoce e unha incerta melancolía á que algúns chaman saudade.

A nosa relación co viño ademais de cultural é tamén sanitaria. Escritos médicos artigos e libros sagrados están repletos de citas louvando as propiedades sanitarias do viño.

Hipócrates afirma que "o viño é cousa admirablemente apropiada para o home, tanto no estado de saúde como no de enfermidade, se se administra oportunamente e con xusta medida, segundo a constitución individual".

Louis Pasteur chea a afirmar que "o viño é a máis san e hixiénica das bebidas", gracias o seu contido en diversos elementos favorables para o organismo".

San Paulo recomendaba: "Non prosigades en beber auga soa, senón usar un pouco de viño por causa do estómago e enfermidades frecuentes".
O viño identifícase asimesmo coa alegría: "Bendito Ti, Señor, que nos deches o viño que aleda o corazón do home", canta o salmista. No Eclesiastés pódese ler: "¿Que é a vida a quen lle falta o viño, que foi creado para contento dos homes? O viño bebido a tempo e con medida é regocixo do corazón e contento de alma".

Por algo dixo un vello petrucio: "A auga bendícese, o viño conságrase".

As nosas xuntanzas da IRMANDADE son unha leda CLASE DE ÉTICA GALEGA:
A AMIZADE E A VIDA, que se pode sintetizar na coñecida anécdota:
Un profesor de ética coloca na mesa da aula varios obxectos.
Da comezo a clase, toma un frasco de cristal, grande e vacío, e encheo cunhas pedras de regular tamaño.
Pregunta aos estudiantes se o frasco está cheo. Todos din que si.
Acto seguido, o profesor colle unha bolsiña de perdigóns e a vacía no frasco e axitando pouco a pouco os perdigón van enchendo os ocos entre as pedras. De novo pregunta se o frasco esta cheo. Todos responden, ríndose, que agora si.
O profesor toma agora una bolsiña de area e valeira no frasco mentres sacude un pouco. A area termina de encher os espacios valeiros.
"Agora ben _di o profesor_, quero que recoñezan e entendan que esto é como a súas vidas. As pedras grandes son as cousas importantes (súas familias, seus amigos, seus fillos), cousas que cando o demais se perde aínda encherán as súas vidas. Os perdigóns representan cousas que contan algo menos, como o traballo, a casa, etc. E area sería todo o demais, as cosas insignificantes das súas vidas”.
E engade: "Se vostedes enchen o frasco primeiro con area, no haberá espacio para as pedras e os perdigóns. O mesmo ocorre coas súas vidas. Se perden o seu tempo e enerxía en nimiedades, nunca quedará espacio para as cousas que realmente deben importarnos. Ocuparse primeiro das pedras e dos perdigóns, o que máis importa. Establecer prioridades; o resto será pura area".
Érguese entón un estudiante, toma o frasco que todo o mundo, considera totalmente cheo e procede a baldeirar unha botella de viño dentro do mesmo. Por suposto o viño recheóu os intersticios sobrantes dentro do frasco e verdadeiramente deixou o frasco -agora si- totalmente cheo.
iii NON IMPORTA COMO TEÑAS DE CHEA A TÚA VIDA, SEMPRE QUEDARA ESPACIO PARA UNA BOTELLA DE VIÑO PARA DISFRUTAR COA FAMILIA E COS AMIGOS!!!

Cinco son as causas que incitan ao home a un bo trago de viño: "A chegada do amigo ao que se quere festexar, a sede do momento que se confía saciar, a sede futura que se pretende evitar, a bondade do viño para a súa louvanza... ou calquera outro motivo non previsto entre as anteriores”.

Aínda que de médico, poeta e louco, todos temos un pouco... Eu só teño, algo de médico e nada de louco. Para pasar por poeta, en lembranza de Manuel María cito un verso de Antonio Machado: "hoy es siempre todavía".