CANTO A PEPE POSADA, SECRETARÍO ETERNO DA IRMANDADE DOS VIHOS GALEGOS



A ti Irmán Giusseppe Pousatta

raio de sol que alumeu a vía

de actuación desta confraría

desde o comezo, na primeira data.



Foi a túa paixón estremecida

a que deu un canto ao noso viño

ao que sempre coidache co cariño 

dun pai ao longo dunha vida.



Sementador de ben e de alegría,

foches amigo da esmorga cantadora

e honrador de Rui Xordo e compañía



A túa voz foi a libertadora

a que buscou a paz, cun viño ao mediodía,

con lume ao comezo, e con luz agora.




Xoán Xosé Pérez Labaca
Mondariz, Xoves de Paixón 2013